Thursday 02 de May de 2024

‘Observando o cosmos’ chega mañá ao seu fin no campo de fútbol do Mesón do Vento


O programa ‘Observando o cosmos’ chega mañá ao seu fin, cunha última sesión que terá lugar no campo de fútbol do Mesón do Vento a partir das 22 horas. Nesta iniciativa desenvolvida polo Concello de Ordes levan participado nas dúas sesións que tiveron lugar ata o de agora un bo número de veciños e veciñas de todas as idades. Ademais de descubrir os segredos e unha morea de curiosidades en cuestión de astronomía, todas e todos eles puideron contemplar estrelas e planetas a través dun microscopio profesional e a carón de expertos na materia. A dita iniciativa forma parte do proxecto ‘Todo cosmos’ no que participan a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía, a Universidade de Santiago de Compostela, o observatorio astronómico José María Ayer e o Ministerio de Economía e Competitividade.